COMPLEJO SAN CRISTÓBAL S.L. Rúa dos Canteiros s/n; Pol. Ind. O Ceao. 27003. LUGO

Telf. 982 209 999  -  Fax: 982 209 900  -  info@hotelceaoexpress.com

 

O Ceao Express é un hotel moderno e de recente construción, que conta con 40 habitacións e 8 minisuites. A súa excelente situación no Polígono Industrial O Ceao, e máis concretamente no edificio Centro de Servicios San Cristóbal, permite ós nosos clientes ter un rápido e doado acceso, tanto ás principais estradas, como a calquera outro punto da cidade. As estradas máis destacables ás que o polígono tén acceso directo son a autovía A-6 e a N-6 que unen Madrid con A Coruña.


Entre as súas instalacións, o hotel dispón de salóns e despachos para reunións, bar, restaurante, aparcamento cuberto con acceso á recepción, ascensor, habitacións para non fumadores, habitacións adaptadas para movilidade reducida, e gardaequipaxes. Outros servizos dispoñibles son: aire acondicionado en zonas comúns, acceso para minusválidos, recepción 24 horas e servizo de lavandería.


As habitacións, decoradas nun estilo moderno, ó igual que o resto do hotel, contan con aire acondicionado independente que permite a cada cliente regular a temperatura da habitación, secador de pelo, baño con bañeira de hidromasaxe, teléfono e televisión con Canal +.


A situación e o equipamento das nosas instalacións, así como a dispoñibilidade de todos os servizos necesarios para reunións e conferencias, fan deste hotel o ideal para profesionais e xente de negocios.

Reservas

tarifas

 

aluguer locais

Habitacións

Hotel Ceao ExpressO Hotel dispón de 40 habitacións e 8 minisuites con televisión (con Canal +), teléfono, acceso a Internet, aire acondicionado regulable, bañeira de hidromasaxe e habitación adaptada para minusválidos.

Instalacións

Hotel Ceao ExpressGoce de todas as instalacións do Hotel Ceao Express, entre as que se atopan a cafetería para almorzos, restaurante para ceas, o salón social, salón e oficinas para reunións e a zona de máquinas vending.

Profesionais

Hotel Ceao ExpressSe viaxa por motivos de traballo, ofrecémoslle as nosas tarifas especiais para profesionais, ademais de todas as comodidades para que poida desenvolver o seu labor nas mellores condicións nos nosos salóns e oficinas.

Ónde Estamos

Hotel Ceao ExpressA 5 minutos do centro de Lugo, nunha zona céntrica do Polígono do Ceao. A súa localización é un atractivo máis, pois ofrece unha contorna tranquila, un rápido acceso á cidade, e unha saída directa á A-6 sen entrar na cidade.